Os raparigos de E. Infantil aprenderon rapidamente e xa saben dirixir aos seus robotiños cara onde eles queiran!
Probaron o xogo das sinais de tráfico e o das rutas por Portas e o fixeron de marabilla!!!
Noraboa tamén ás súas profes!!!
Os rapaces de 4º da ESO tiveron a idea, xunto coa orientadora Silvia, de facer un vídeo no que saían bailando algunhas das cancións máis coñecidas na actualidade pero qcuxas letras amosan un incríble machismo e/ou estereotipos de xénero evidentes.
Tiveos a idea de contrapoñelas con outras cancións, tamén moi coñecidas, pero que abogan pola igualdade e polo empoderamento da muller.
Aínda que levou un traballo de medo... o resultado foi realmente marabilloso e así opinaron os seus compañeiros da ESO cando o presentaron!
A profe María Roma, de Galego, fixo cos alumnos de 1º da ESO un traballo de investigación sobre algunhas das letras de cancións moi famosas analizando os estereotipos de xénero que conteñen.
Os alumnos fixeron a presentación na biblioteca e todos aprendemos moitísimo!
Os alumnos de 4º da ESO fixeron varios traballos audiovisuais para condear o machismo e a violencia contra a muller e os amosaron aos seus compañeiros que ficaron gratamente sorprendidos pola súa creatividade!
Grazas a unha idea que tivo a profe Davinia, colaboramos nun proxecto do CEIP Aquilino Iglesia Alvariño contra a violencia de xénero.
Fixemos un panel co hashtag #Equaliter para compartrilo en Twitter e os rapaces de 5º e 6º de Primaria deixaron a pegada das súas mans en violeta.
Despois fixemos unha Stopmotion coa montaxe!
Aquí podedes ver o vídeo conxunto cos outros coles participantes:
Fixemos esta exposición sobre os fondos da biblioteca relacionados coa violencia de xénero.
Acabamos de adquirir o fermosísimo libro CARMEN, ilustrado por Benjamin Lacombe, exemplo archicoñecido de "a matei porque era miña".
Tamén fixemos unha pequena guía de lecturas que publicamos no Boletín Bimensual da Biblioteca:
Neste primeiro ano da nosa participación no Programa Bibliotecas Creativas" deseñamos un proxecto de emprego dos Escornabots relacionado coa Educación Viaria...
Preme na imaxe se queres coñecer os seus fundamentos!
Deseñamos unhas plantillas con sinais de tráfico, recomendacións aos usuarios da vía pública e coa maqueta de Portas para que os rapaces de Infantil practiquen a programar os seus robotiños á vez que interiorizan as normas básicas da educación viaria!
O xogo consiste en poñer as tarxetas boca abaixo (segundo o grao de dificultade) e ir collendoas e movendo o escornabot ata o lugar indicado.
Os alumnos de 1º da ESO participaron nun proxecto promovido por UNICEF que leva por título "A Vacina do Bo Trato" e que trata de loitar contra a violencia que sofren os nenos diariamente na escola, nos conflitos por todo o mundo e incluso nas súas propias casas...
1º debuxaron e nomearon os virus que poñen aos nenos en risco... e despois deseñaron a vacina que os combate!
A banda deseñada está de loito pola morte do escritor Stan Lee, creador do "Universo Marvel" con personaxes inesquecibles como os X-Men, Os Vengadores... ou o marabilloso Spiderman!!!
Stan Lee case sempre estivo acompañado polos debuxantes Stev Ditko e Jack Kirby.
Ademais fixo "cameos" en case todas as películas baseadas nos seus superheroes e incluso aparece na serie The Big Bang Theory interpretándose a si mesmo!