viernes, 29 de junio de 2018

reMaTamoS!!!




Para acabar este curso fixemos os artigos da Biblioteca para a Revista Escolar nos que resumimos o máis salientable das actividades desenvolvidas ao longo do curso.



Tamén deseñamos a portada... dedicada a Domingo Fontán por ser o protagonista dun dos nosos Plans Proxecta deste curso, pero en versión Pop Art imitando a Andy Warhol!!!



jueves, 21 de junio de 2018

unHa viAxe iNeSperAdA...

Os marabillosos alumnos de 3º da ESO leron "O Hobbit" a proposta da súa titora Julia e fixeron en EPV un obradoiro de acuarela baseado nos debuxos que fixo o propio J.R.R. Tolkien para ilustrar os seus relatos.

Aproveitamos para facer unha exposición con todos os libros que temos sobre o tema na nosa Biblioteca, xunto co famoso mapa de Thror e o contrato de "saqueador" de Bilbo!

miércoles, 20 de junio de 2018

viAxe poLa carTograFía de gaLiciA

O Departamento de Sociais xunto coa Biblio fixo esta interesante exposición sobre a evolución da cartografía do mapa de Galicia. 
Con ela quixemos poñer en valor a importancia da Carta Xeométrica de Domingo Fontán e a increíble novidade que supuso no xeito de medir e representar o territorio. Ademais empregou por 1ª vez en España o sistema métrico decimal!
PASA POLO RECUNCHO DE D. FONTÁN DA NOSA BIBLIO SE QUERES SABER MÁIS SOBRE O TEMA...
Mira o proxecto global no blog TRAS OS PASOS DE DOMINGO FONTÁN

sábado, 2 de junio de 2018

o MaraBillOso librO de FonTán de E. infaNtiL

Os alumnos de 6º de E. Infantil coas súas profes Flora e Yolanda fixeron un fermosísimo traballo sobre Domingo Fontán dentro do Plan Proxecta que coordina a nosa Biblioteca:
Pintaron e troquelaron en forma de mapa de Galicia todas as páxinas de cadanseu libro e escribiron os datos máis relevantes da súa vida... Ao final o coseron eles mesmos para encadernalo.
Quedoulles fantástico!!!
Mira o proxecto global no blog TRAS OS PASOS DE DOMINGO FONTÁN

viernes, 1 de junio de 2018

viAxe ao cEnTro da tErrA

A profe Ana de Bioloxía conseguiu que os alumnos de 3º da ESO se aplicasen coma nunca para facer este panel que nos leva ao interior do noso Planeta:
Fixeron maquetas 3D do interior da Terra, de volcáns abertos para que vexamos as súas entrañas, da superficie terrestre durante un terremoto... e explicaron todo con carteis para que todo o cole poida aprender da súa investigación!!!