jueves, 31 de mayo de 2018

viAxe a uN fuTurO quE teMos quE eViTar!!!

O Departamento de Bioloxía xunto coa Biblioteca fixo esta interesantísima exposición sobre a contaminación das augas e o tempo que tardan os residuos en desintegrarse. Ademais elaboraron un video e recolleron moitas das novas que falan sobre este preocupante tema!

miércoles, 30 de mayo de 2018

unHa viAxe poLa botÁniCa

O Departamento de Bioloxía elaborou este panel coas frores deseñadas e fabricadas polos alumnos de 1º ESO despois de estudar as partes das prantas e o nome científico que lle corresponde!

lunes, 28 de mayo de 2018

cuRioSa naTurEza: o deBuXo ciEntíFicO


Os alumnos de 3º ESO fixeron un obradoiro sobre o Debuxo Científico para o que copiaron do natural no patio do colexio e ademais se inspiraron nos marabillosos libros "Botanicum", "Animalarium" e "Curiosa Naturaleza" da nosa Biblioteca (novidades este curso!):

martes, 22 de mayo de 2018

cHarLa gALicOns

Os Departamentos de Inglés e de Debuxo participan este curso no Plan Proxecta da Xunta Galicons sobre linguaxe publicitaria.
Os rapaces da ESO recibiron unha interesante charla do Instituto Galego de Consumo na Biblioteca sobre o poder dos anuncios para atraernos e os nosos dereitos como consumidores.

lunes, 21 de mayo de 2018

cHarLa na biBLioTeca: Lúa López Pomar

A nosa exalumna Lúa López Pomar fixo unha conferencia na nosa Biblioteca sobre a vida de Domingo Fontán e presentounos o libro sobre o científico do que buscou e cotexou toda a información e documentación. Ademais nos mostrou varios obxectos que lle pertenceron... foi moi interesante!!!!

Mira o proxecto global no blog TRAS OS PASOS DE DOMINGO FONTÁN

TraBallaNdO soBre DoMinGo fonTáN. 3º B

Os rapaces de 3ºB de E. Primaria traballaron arreo sobre o científico Domingo Fontán coa súa titora América:
Estudaron a súa biografía, fixeron unha presentación multimedia sobre a súa obra e ata deseñaron uns pasapentos moi divertidos que despois repartimos por todo o colexio...
Son uns cracks!!!
Mira o proxecto global no blog TRAS OS PASOS DE DOMINGO FONTÁN

jueves, 17 de mayo de 2018

díA daS leTraS gaLegaS

Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado á escritora Mª Victoria Moreno e para elo fixemos esta exposición cos libros que temos dela na nosa Biblioteca.
Ademais axudamos ao Equipo de Dinamización Lingüística no obradoiro "O Camiño da Lingua", no que cada rapaz do colexio pintou un zapato coas cores da bandeira galega e lle colocou unha das verbas máis fermosas do Galego.

miércoles, 16 de mayo de 2018

coMo meDíA foNtán o TerriToriO?

O departamento de matemáticas fixo un Obradoiro sobre Triangulación Matemática e outro sobre Trigonometría aplicada á medición do territorio para que os alumnos de 3º e 4º da ESO entenderan como Domingo Fontán tomou algunhas das súas medidas para crear a Carta Xeométrica, o primeiro mapa de Galicia feito con medicións matemáticas.
Mira o proxecto global no blog TRAS OS PASOS DE DOMINGO FONTÁN

martes, 15 de mayo de 2018

exPosiciÓn sobRe a brEtaÑa frAnceSa

O Departamento de Francés e a Biblioteca retomamos esta exposición sobre a Bretaña Francesa qeu fai un percorrido pola súa Arte, Historia, Gastronomía, Mitoloxía e Personaxes Célebres... Esperamos que vos guste!

lunes, 14 de mayo de 2018

viSiTa ao muSeo de hiSToriA naTuRal

Os rapaces de 3º e 4º da ESO visitaron o Museo de Historia Natural de Santiago de Compostela, dentro do Proxecto "Tras os Pasos de Domingo Fontán" coordinado pola Biblioteca este curso no Plan Proxecta "Antonio Fraguas".

lunes, 7 de mayo de 2018

woNderS oF the wOrLd

Os alumnos de 3º da ESO de Plástica fixeron estes fermosos debuxos a boli bic dalgunhas das marabillas do mundo!
No Departamento de Inglés leron o libro "Wonders of the World" e fixeron estes paneis cos datos máis relevantes de moitos deles!

jueves, 3 de mayo de 2018

visiTa ao muSeo de pOnTevedRa


O Departamento de Sociais organiou unha visita dos rapaces de 1º e 2º da ESO ao Museo de Pontevedra para facer un Obradoiro sobre Prehistoria, Cultura Castrexa e Romanización en Galicia... o pasamos de marabilla e aprendimos moitísimo!!!

exTraorDinarY woMen

O Departamento de Inglés fixo un percorrido pola vida e obra dalgunhas das mulleres máis salientables da Historia empregando o marabillo libro que adquirimos este curso para a nosa Biblio: GOOD NIGHT STORIES FOR REBEL GIRLS (100 tales of extraordinary women).
Tamén mercamos os dous volumes en Castelán... bótalles unha ollada!!!

miércoles, 2 de mayo de 2018

roBiNsoN cRusOe

Os alumnos de 4º da ESO leron o libro Robinson crusoe de Daniel Defoe e fixeron unha rèplicas das páxinas do seu diario en Lingua Inglesa, xunto coas descricións dos personaxes máis destacados e dos paraxes máis salientables do libro.

En GRES os alumnos de 1º e 2º fixeron uns gravados calcográficos sobre metacrilato con varias escenas da historia...