sábado, 23 de diciembre de 2017

bO naDaL a toDos!!!

O Equipo da Biblioteca elaborou esta fermosa árbore de Nadal composta de postais turísticas de todo o mundo para desexarvos unhas marabillosas festas e un moi feliz ano 2018!!!
Hai máis fotos na Galería de Imaxes do colexio:

viernes, 22 de diciembre de 2017

gaÑadoreS do coNcuRso de reLatoS de NaDal

Estes alumnos de Primaria foron os gañadores do Concurso de Relato Breve da Biblioteca "Viaxe a Laponia". Todos recibiron o seu merecido agasallo. Grazas a todos por participar!!!.

lunes, 18 de diciembre de 2017

haPPy nEw yeAr!!!

Os alumnos de 3º ESO fixeron este divertido vídeo para felicitarnos as festas a todos!!!

boLetíN nº2

O Equipo da Biblioteca ven de maquetar e repartir o boletín nº 2 con consellos sobre como indicar a bibliografía nos traballos, o anuncio das novedades nos fondos da Biblio, un listado das actividades programadas para estes dous meses e un diagrama para aprender a debuxar a Papa Noel... esperamos que vos guste!!!

reComenDacióNs de LecTuras paRa nAdaL

Nesta exposición a carón da Biblioteca colocamos algunhas das nosas recomendacións de lectura para o Nadal decoradas con folerpas de neve caladas realizadas polos alumnos de 1º ESO de Plástica.

domingo, 17 de diciembre de 2017

aroUnd tHe wOrlD...

O Departamento de Inglés deséxavos unhas felices festas con esta recompilación dos nomes de Papá Noel en moitos países do mundo!


sábado, 16 de diciembre de 2017

saBes oNde vivE paPá nOeL???

O Equipo da Biblioteca fixo este taboleiro co mapa de Laponia e moitas fotografías dos fermosos paraxes nevados desa espectacular terra!.
Ademais, o concurso de relato breve da Biblioteca para este Nadal é precisamente "Unha Viaxe a Laponia".

viernes, 15 de diciembre de 2017

guLLiveR's tRaveLs

Os alumnos de 2º ESO fixeron coa profesora Susana un interesante traballo de banda deseñada sobre as viaxes de Gulliver, de Jonathan Swift. Cos cómics elaboraron esta vistosa exposición no corredor do colexio!

jueves, 14 de diciembre de 2017

viAxe ao siSteMa soLar

Os alumnos de 1º ESO coa profe Ana de Bioloxía fixeron este simpatiquísimo panel de naves espaciais moi orixinais coas que viaxaron por todo o Sistema Solar!.
Hai máis fotos na Galería de Imaxes do colexio:

miércoles, 13 de diciembre de 2017

exPloRerS

O Deparamento de Inglés cos alumnos de 3º ESO fixo este taboleiro con algúns dos exploradores máis famosos da Historia: Magallanes, Marco Polo, Cook, Drake, Colón, Amundsen, Pizarro, Cortés e Edmund Hillary. Bótalle unha ollada que é moi interesante!

martes, 12 de diciembre de 2017

viAxe poLa fRancoFoníA


O Departamento de Francés quiso facer unha viaxe lingüística polos países de fala francesa todo arredor do mundo!. Os alumnos de 3º ESO elaboraron esta exposición para compratir a viaxe con todo o centro!