jueves, 27 de abril de 2017

as foTos esColareS dos anoS 40 e 50

Co gallo do día do libro fixemos un montaxe para conmemorar as fotos das escolas de metade do século XX. Despois as envellecimos e coloreamos para que semellasen as antigas!



martes, 25 de abril de 2017

exPoSicióN soBre a esCola anTiga

Fixemos unha exposición sobre a escola no século pasado: libros dos anos 50, catecismos, pluma estilográfica, tiraliñas, rotrings, pizarra co seu pizarrín, libros de PREU, ábaco, globo terráqueo,...Tamén colocamos algunhas fotos das aulas neses anos.
Agradecemos a colaboración de todos os participante es desexamos que vos guste!

lunes, 24 de abril de 2017

apaDriñamenTo LecTor

Para celebrar o Día do Libro fixemos un apadriñamento lector no que os nenos de Secundaria leron contos aos de Primaria por todo o colexio.

domingo, 23 de abril de 2017

díA dO liBro 2017

Dende a Biblioteca Escolar desexamos un bo Día do Libro a todoa a comunidade educativa!

jueves, 20 de abril de 2017

As éPocaS da hiStoriA VIII: a iDaDe meDia

Os rapaces de 4º ESO recrearon un Scriptorium monacal para deseñar as súas propias letras capitais con temple de ovo sobre imitación de pergamiño, como nos códices manuscritos medievais:

lunes, 10 de abril de 2017

As éPocaS da hiStoriA VII: arTe prEcoloMbinA


Os rapaces de 1º e 2º ESO da materia de Gravado e Estampación fixeron uns sellos en goma de borrar con motivos da Arte Azteca e Inca  e os estamparon sobre papel.

lunes, 3 de abril de 2017

diScuRsoS que fiCaron nA hiStoRia

Os alumnos de 4º ESO fixeron estes carteis sobre algúns dos protagonistas dos discursos máis famosos da Historia e colocaron debaixo fragmentos dos textos correspondentes.

sábado, 1 de abril de 2017

díA daS arTes galEgaS


Este ano o Día das Artes Galegas está dedicado á pintora Maruja Mallo. Os alumnos de 1º ESO de Debuxo están a traballar nalgúns dos seus fermosos e rompedores cadros!