viernes, 27 de marzo de 2015

dEuSeS do anTigO eXipTo

Os rapaces de 4º da ESO, na materia optativa de EPV, fixeron réplicas de papiros nos que debuxaron con temple algúns dos deuses máis coñecidos da Mitoloxía Exipcia, que completaron cos xeroglíficos dos seus nomes nos típicos "cartuchos".
A continuación fixeron paneis coas súas características máis importantes:

jueves, 26 de marzo de 2015

Agasallo ao alumnado mellor lector do trimestre

As axendas enviadas pola asesoría de bibliotecas escolares foi o agasallo que realizamos este trimestre ao alumnado que resultou mellor lector desta avaliación. Repartíronse 6 en primaria e 4 en secundaria.

Proximamente anunciaremos os criterios para os agasallos no último trimestre do curso baseado seguramente en cuestionarios sobre unhas obras que haberá que demostrar telas lido.

PARTICIPADE!

domingo, 22 de marzo de 2015

o yiN e o yAnG

Este panel que amosa traballos realizados polos alumnos de 3º ESO de Debuxo Técnico, explica a orixe e as características do famoso concepto taoísta do "Yin e Yang" e o seu símbolo máis coñecido, o "taijitu", feitos a través de exercicios de Debuxo Técnico baseados en tanxencias e ligazóns.


martes, 17 de marzo de 2015

st. paTricK's dAy


Os alumnos de 3º ESO traballaron nas materias de Inglés e de EPV sobre distintos aspectos relacionados coa festividade irlandesa do San Patricio que ten lugar hoxe, 17 de Marzo:
A orixe da celebración, os seus símbolos (arpa, trébol) os famosos duendes "leprechauns" e o motivo da característica cor verde que invade todo nesta data!
Cos traballos decoramos o taboleiro da Biblioteca...

miércoles, 11 de marzo de 2015

hOLi

Coa lúa nova de Marzo chegou o Festival multicor da India!! e para festexalo os rapaces de EPV fixeron un fermoso taboleiro con mandalas e elefantes de vivas cores:

Esta festa conmemora a victoria do bondadoso Deus Vishnú sobre a malvada Holi e por eso a festa é alegre e luminosa. Todo o malo se esquece e a xente se pinta con pigmentos de cores mesturando xéneros, orixes e castas!!!
 

domingo, 8 de marzo de 2015

a mUlleR na iNdiA

Para festexar o Día da Muller Traballadora os rapaces de 1º ESO fixeron un taboleiro con datos e fotografías sacadas do "Proxecto Mandala" para Secundaria da Fundación Vicente Ferrer que traballamos na clase.
Ademais crearon uns fermosos mandalas para decoralo!!!