Este curso 2013-2014 o proxecto da biblioteca está a focalizar diversas actividades de todo o centro, incluída a temática para o entroido. Así, os revestimentos deste ano teñen como base a literatura e o cinema, fundamentalmente novelas ou contos con film. Para o desfile usouse a música das películas como acompañamento das comparsas.
O profesorado que non se disfrazou co seu grupo tamén escolleu unha temática literaria con versión cinematográfica, en concreto os mundos de Tolkien e a súa saga d'O señor dos aneis: hobbits, elfos e elfas, Aragons, Gandalfs, señores escuros e outros personaxes poboaron o centro este venres 28 de febreiro de 2014 para celebrar o noso particular carnaval.