Un curso máis fixemos arte efímero escribindo poemas e cancións de amor polas paredes do colexio.
Este curso estreamos pancarta profesional!
Co gallo do cabo de ano do noso compañeiro Xan, fixemos un emotivo acto no colexio no que participaron os alumnos do Club de Lectura.
Houbo lecturas e música, entrega dos premios que levan dende agora o seu nome, escritos recompilados nun libro e inauguración dunha placa da biblio e dun banco de lectura.
Para festexar o Día das Letras Galegas fixemos unha exposición dos fondos sobre as CANTAREIRAS que adquirimos para a nosa biblioteca.
Para festexar o Día das letras Galegas 2025 fomos a Caldas á FESTA DA LINGUA organizada pola asociación Terras do Umia que contou coa actuación de moitos dos nosos alumnos e, para rematar, das Tanxugueiras.
este acto foi, daemais, unha sentida homenaxe ao noso compañeiro Xan Constenla, coordinador do club de lectura e membro moi importante do noso Equipo da Biblioteca.
Forma parte do noso programa Radio na Biblio, de Radio Rapeira.
A verdade é que o pasaron de marabilla e aprenderon moitísimo!!!
Aquí temos un resumo dos momentos máis salientables da investigación sobre o lado máis escuro da industria da moda levada a cabo polos alumnos de 2ºESO coa axuda dos fondos da nosa biblioteca.
A nosa marabillosa alumna lidia landín visitou á nosa biblio para falarlles aos alumnos de 4º da ESO sobre a carreira que estudou ela: TERAPIA OCUPACIONAL.
A verdade é que foi moi interesante e amosa unha profesión moi valiosa da que non tiñamos moito coñecemento!